"Dálle ao play!", a mensaxe de BeOne Arteixo para poñerse en forma

O centro deportivo, concesión do Concello, lanza unha campaña na que anima aos veciños a retomar a «vida activa» tralas vacacións de verán.

 

Gimnasio BeOne Arteixo.
photo_camera Gimnasio BeOne Arteixo.

O centro deportivo de BeOne Arteixo anima a todo o mundo a reactivarse trala época estival. Tralas vacacións e as viaxes volver a un estilo de vida activo e saudable faise aínda máis imprescindible. 

Para axudar a conseguir este obxectivo, BeOne puxo en marcha unha nova campaña baixo o claim “Dálle ao play!”, unha analoxía para poñerse en forma tras o “pause” do verán. Esta mensaxe non só incentiva a comezar a actividade física, senón que destaca os obxectivos tan diversos que se poden lograr coa práctica deportiva. 

A matrícula será gratuíta, asi como os primeiros 15 días de setembro, para todos aqueles que  queiran inscribirse no centro. Ademais, seguindo co compromiso que ten BeOne coas familias, estas contarán con vantaxes especiais no seu abono. Para máis información sobre esta promoción pódese consultar en https://www.beone.es/dalealplay

Piscina, sala fitness, spa e salas de actividades dirixidas; son algunhas das zonas deste centro  deportivo. Esta variedade de espazos permite que todos atopen o deporte que mellor se adapte  a cada un. Nestes espazos desenvólvense numerosas actividades dirixidas como bike, zumba, pilates ou GAP. Dispón tamén de zonas específicas para nenos como a zona de xogos e servizos  adaptados a eles como a escola de natación ou as actividades infantís.

 

Más en Deportes