Amplíase a vixencia do título de Familia Numerosa

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para presentar novidades no título e no carné de familia numerosa-El Portal de la Infancia
photo_camera A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para presentar novidades no título e no carné de familia numerosa-El Portal de la Infancia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García anunciou a ampliación da vixencia do título de familia numerosa ata os 21 anos do primeiro fillo.

Fíxoo durante unha visita as instalacións da Asociación Galega de Familia Numerosa (Agafan), na Coruña, onde destacou que con esta medida procúrase axudar ás 27.000 familias numerosas de Galicia nos seus trámites e xestións diarias.

A conselleira lembrou que actualmente as familias numerosas debían renovar este documento cada catro anos, o que supoñía un esforzo administrativo para elas. Ademais de actualizar o acceso a este recoñecemento, a Xunta tamén renovou o deseño do carné familiar que se lle facilita ás familias numerosas e neste mesmo ano poñerase á disposición das familias un título de familia numerosas en formato dixital.

Fabiola García resaltou que o Goberno galego procura atender ata o máis mínimo detalle para o benestar das familias galegas, sexa cal sexa a súa composición. Neste sentido, resaltou que a Xunta pon á disposición das familias axudas, servizos e vantaxes como a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos que se ampliará tamén a primeiros a partir do vindeiro curso.

Axudas ás familias

Así mesmo, tamén puxo en valor a posta en marcha do Bono Coidado, que axuda a máis de 1.000 familias a contratar un servizo extraordinario de conciliación ante calquera enfermidade ou eventualidade laboral; ou a Tarxeta Benvida, que desde a súa posta en marcha concedeu axudas económicas a máis de 70.000 galegas e galegos.

Por último, a conselleira lembrou que outra das medidas que beneficiará ás familias será a ampliación da dedución autonómica no IRPF. Unha medida que axudará ás familias que teñen dous fillos, pero tamén ás familias numerosas que incrementarán as contías a deducir.