Campamento "Aldea Perdida" da granxa zoo de Grixalba

Campamento "Aldea Perdida" da granxa zoo de Grixalba-El Portal de la Infancia
photo_camera Campamento "Aldea Perdida" da granxa zoo de Grixalba-El Portal de la Infancia

Neste programa impulsado polo Goberno galego, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos desfrutan de actividades ao aire libre nun complexo turístico completamente equipado en Grixalba.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos mozos e mozas de 9 a 12 anos que participaron no campamento "Aldea Perdida" da Granxa Zoo de Grixalba. Dende o 31 de xullo ata o domingo 7 de agosto, os participantes realizaron actividades en plena natureza poñendo en valor o rural galego.

Os mozos e mozas aloxáronse neste complexo situado en plena Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesa e Terras do Mandeo . Foi inaugurado no ano 2001 como un intento de loitar contra a despoboación rural, rehabilitando unha vella «Palleira» dunha familia de «Queixeiras» e «Queixeiros». Durante a visita, a directora xeral salientou a importancia de iniciativas como esta que enxalzan o rural galego e a natureza autóctona.

Cristina Pichel visitou tamén os mozos de entre 6 e 19 anos do XVII Campamento Urbano A Coruña, unha cidade por descubrir, organizado polo centro xuvenil Abeiro. Todas as mañás, a mocidade realiza nas instalacións do colexio dos Salesianos da Coruña obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, xincanas de auga ou deportes.

Así mesmo, Cristina Pichel lembrou a alternativa de conciliación que representan para as familias iniciativas deste tipo. Con esta proposta, o Goberno galego ofrece tamén á xuventude a posibilidade de empregar o seu tempo libre estival participando en actividades de carácter lúdico, medioambiental, cultural, deportivo ou formativo.