O Coello de Pascua xa circula  polas rúas de Arteixo

O Coello de Pascua xa circula  polas rúas de Arteixo
photo_camera O Coello de Pascua xa circula polas rúas de Arteixo

A figura máis entrañable da Pascua xa chegou a Arteixo.

A figura máis entrañable da Pascua xa chegou a Arteixo. O sábado 8 e domingo 9, o Coello do Arteixo Centro Comercial Aberto repartirá polas casas os regalos dos padriños e as madriñas, pero xa está circulando dende esta fin de semana polas rúas do centro  urbano e os camiños das distintas parroquias do concello. A bordo do seu peculiar vehículo, bautizado como ‘Motocoello’, está dando a coñecer a iniciativa entre a cidadanía e repartirá ovos de chocolate entre as nenas e os nenos que se acheguen a el. 

O sábado e o domingo de Pascua , o Coello fará o seu reparto polo centro urbano e as zonas máis próximas, pero o Arteixo CCA ofrece tamén a posibilidade de enviar os agasallos, a través de  servizo de mensaxería e sen ningún custo engadido, aos domicilios máis afastados. Ademais,  dende a semana pasada estanse repartindo coas compras vales desconto para a adquisición de  ovos de Pascua ou roscóns para usar en en Xiana, Pan&Pistacho e Panadería Gestal. 

O Arteixo CCA renova a súa directiva cunha maioría de novos asociados

Tras dous anos de mandato de Ángela Sánchez, de El Mundo de Angie, tanto ela como Encina  González, de Óptica Arteixo, e David Pena, de DyD Automóviles, ceden o mando a Lucía Graíño,  de Sofás Blasco que pasa da Vicepresidenta a Presidenta da entidade. Na pasada Asemblea Anual celebrada o 13 de marzo, o Arteixo Centro Comercial Aberto elixiu unha nova directiva á que  sumaron 3 integrantes que acaban de chegar á asociación: Lidia Suárez, de Academia Lidia, Laura  Castro, de Librería Mina e Diego Carballeira, de Herboristería A Semente. 

“O principal obxectivo que nos marcamos é seguir sumando integrantes e sectores, por iso é  importante contar con quen acaba de chegar, para saber que lles fixo unirse a nós”, explicou  Graíño na Asemblea. Para ela e para o resto da directiva “é necesario trazar unha estratexia de  dinamización para Arteixo que ofreza unha alternativa de ocio propia dunha vila con entidade  propia, non dunha cidade dormitorio”, explicou.