Día Mundial do Peón na capital da comarca de Bergantiños, apto para todas as idades

Día Peón comarca Bergantiños
photo_camera Abertas as inscripcións para participar no día do Peón en Carballo

A concellaría de Mobilidade de Carballo celebra o día do Peón.

Así que a concellaría de Mobilidade convida a inscribirse de maneira presencial na Biblioteca Rego da Balsa ou de xeito telemático cubrindo un formulario.

O Día do Peón naceu co argumento da seguridade viaria. O 17 de agosto de 1897 a moza Bridget Driscoll morría arroiada por un coche. Este suceso considerouse o primeiro sinistro viario do que se ten noticia.

Neste sentido, o concello de Carballo súmase a celebrar o Día Mundial do Peón con un obxetivo: a loita contra a violencia viaria. "É un xeito eficiente, comentan desde fontes municipais, de loitar pola seguridade das persoas é a transformación das cidades en espazos máis amables e libres dun excesivo número de riscos".

Por este motivo, a concellaría de Mobilidade celebra este Día cunha andaina polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo.

As inscripcións poden facerse de dúas manerias:

  • de maneira presencial na Biblioteca Rego da Balsa
  • de xeito telemático cubrindo este FORMULARIO

O punto de encontro é o 17 de agosto no aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper. Os participantes van recibir un agasallo para os seus paseos cotiáns.

Ademais aclarar que a andaina inciáse ás 19.30 horas cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, apto para todas as idades.

día do peón
Inscripcións abertas para participar no Día do Peón en Carballo