Fabiola García salienta a importancia de participar dos desexos dos máis pequenos

Fabiola salienta a importancia de participar dos desexos dos máis pequenos para axudarlles a cumprilos e a converterse en adultos con valores.
photo_camera A Coruña A conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na entrega de premios da II edición do certame O teu desexo para 2022, organizado por Carrefour e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). 02/02/2022 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A conselleira de Política Social participou na entrega de premios do certame organizado pola Unión de Consumidores de Galicia e patrocinado por Carrefour.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou a importancia de participar dos desexos dos máis pequenos “para axudarlles a cumprilos e a converterse en adultos con valores”. Fíxoo esta mañá na entrega de premios do certame de debuxos "O teu desexo para 2022", organizado pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e patrocinado por Carrefour.

Esta é a segunda edición do concurso que contou con dúas categorías: unha para pequenas e pequenos de escolas infantís, e outra dirixida especificamente ás rapazas e rapaces menores de 12 anos que se atopan en centros de acollida ou de protección de menores. Cada unha das modalidades conta cun premio dunha tarxeta regalo de 500€, intercambiable por xoguetes ou material escolar.

Na primeira categoría o debuxo gañador foi o realizado pola aula de 2 a 3 anos da escola infantil Paradai de Lugo, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, mentres que na segunda modalidade o premio foi para unha menor do centro de protección A Milagrosa de Carballo.

Fabiola García agradeceu a posta en marcha de iniciativas como esta para que as nenos e nenos que residan nalgún dos centros de protección da Xunta ou os que acoden a algunha escola infantil da Comunidade poidan amosar a súa creatividade e talento.