Novo programa "Somos hábiles" en Carballo

Vieiro desenvolve nos centros de secundaria o programa de habilidades socio-emocionais "Somos hábiles"
photo_camera Foto de Guduro Ajay bhargav en Pexels

O programa consiste na realización duns talleres de aprendizaxe teórico-práctica co obxectivo de aprender ou modificar as habilidades socioemocionales do alumnado a través da instrución teórica de conceptos clave e a posta en práctica, tanto na aula como na vida real, do aprendido. 

Dentro da programación de prevención no ámbito educativo, a Asociación Vieiro comezou ao programa de habilidades socio-emocionais “Somos hábiles” co alumnado de educación secundaria do concello de Carballo. Este programa está destinado a adolescentes con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, que se atopan en pleno proceso de desenvolvemento físico e emocional e que empezan a tomar decisións que marcarán o resto da súa vida. O desenvolvemento deste tipo de habilidades considérase unha estratexia para previr condutas de risco, reducir a violencia escolar, e adestrar aos mozos e mozas para que tomen decisións de maneira asertiva e responsable. 

Os obxectivos que persegue “Somos hábiles” son:

  • Adquirir un maior coñecemento das propias emocións.
  • Fomentar a capacidade de comprender e regular as propias emocións.
  • Desenvolver o propio auto-concepto e unha auto-imaxe positiva.
  • Potenciar actitudes de respecto e aceptación sobre a propia singularidade e a dos/as demais.
  • Desenvolver competencias para a resolución positiva de conflitos.

Algunhas das sesións que se abordan neste programa entre outras, son autoestima e auto-concepto, xestión de emocións, intelixencia emocional, empatía, estilos de resposta; pasividade, agresividade ou asertividad, resolución de conflitos, comunicación, falar e escoitar, autoafirmación, como defenderse, expresar queixas, pedir favores. 

A profesional encargada de levar a cabo este programa é a psicóloga de Vieiro Lara Periscal Taibo. A asociación agradeceu a excelente disposición dos centros educativos, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos, e claustros de profesores/as para poder levar a cabo este programa.