Os Reis Magos, a punto de chegar a Carballo

recorrido cabalgata de reyes en carballo

A Concellaría de Cultura xa ten todo listo para a visita anual dos Reis Magos a Carballo.

 

Así contan, "Estamos na conta atrás da visita anual dos Reis Magos a Carballo e no departamento de Cultura xa o temos todo preparado para que o reencontro de Melchor, Gaspar e Baltasar coa rapazada, despois de dous anos de restricións, resulte o máis próximo, emotivo e seguro posible".

Ademais, para que sexa así, engaden, "contamos coa colaboración dos servizos municipais de Protección Civil, Policía Local e Brigada de Obras, así coma da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e dos Bombeiros de Carballo".

Percorrido Cabalgata

 

Tamén contar que a cabalgata sairá ás 17.30 horas do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper. No seu percorrido pasará por:

  • avenida Ponte da Pedra
  • avenida de Malpica
  • Pedra Furada, rúa Mirtos
  • Fábrica, avenida das Flores
  • Rosas, Begonias, Camelias, Xasmíns
  • avenida da Cristina
  • Poñente
  • Luis Calvo, Alexandre Bóveda, avenida de Fisterra
  • Río Anllóns, avenida da Milagrosa, rúa Compostela, A Brea, Cemiterio
  • rúa Verdillo, Sol, Martín Herrera (parada na igrexa parroquial), Jacinto Amigo, Gran Vía
  • Doutor Fleming, avenida de Bergantiños, Vila de Ordes, Vila de Noia
  • Vila de Corcubión, Gran Vía, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Ponte, Perú
  • Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Valle-Inclán e Colón, onde remata

 

Tamén aclarar que o percorrido ten unha duración aproximada de dúas horas. Este ano Carballo recupera a tradicional recepción dos Reis Magos aos nenos e nenas do vestíbulo da casa do concello.

A partir das 19.30 horas, e ata a chegada das Súas Maxestades, na carpa instalada na Praza do Concello haberá animación musical co Picadiscos Mari Faltri.

A Concellaría de Cultura conta tamén coa colaboración do Grupo Dimolk, que achega os vehículos para a tracción das carrozas, e de Gadisa e CaixaBank, que doan caramelos.

As persoas que queiran saber en que punto se encontran as carrozas reais en cada momento ou que queiran seguir a cabalgata en streaming poderán facelo a través da plataforma www.carballoenrede.com.