"Club das Lerchiñas"

Club Lerchiñas, unha iniciativa de lecer en familia
photo_camera Club Lerchiñas, unha iniciativa de lecer en familia

Bota a andar o "Club das Lerchiñas". A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais o Club das lerchiñas. Trátase de sesións de contacontos en liña dirixidas ás familias e do que formarán parte 6 contadoras de Galicia: María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer, Paula Carballeira e Ledicia Costas.

O Club bota a andar o 9 de maio e conta cunha emisión en liña  todos ós sábados ata o 6 de xuño.

As contadoras "lerchiñas"

Esta actividade arranca coa sesión de María Lado &  Lucía Aldao, dúas escritoras de espectáculos baseados na narración oral e tamén para a cativada, que adaptan a contanconto a súa coñecida historia de Po e Xía.

Seguiralle ao sábado seguinte, o 16 de maio, Bea Campos cunha versión do conto tradicional A princesa e o chícharo. A actriz, narradora e directora teatral ten no seu haber o Premio de Interpretación Marta Sieiro, forma parte da compañía Migallas Teatro e participa na cale de difusión de literatura infantil Kalandraka TV.

O sábado 23 de maio, Andrea Bayer estará acompañada polo monicreque Roque para facer chegar en liña desde a súa casa unha historia propia. Coñecida como contadora é tamén actriz, guionista e directora de teatro. Noemada aos Premios Max 2013, recibiu varios premios como o de Mellor espectáculo infantil na Feria Ciudad Rodrigo e o Barriga Verde 2014.

A seguinte sesión terá como protagonista o 30 de maio a Paula Carballeira e a súa historia Un conto con miga e codia. Membro de Berrobambán ten levado a cabo producións infantís tanto na súa compañía, como no Centro Dramático Galego.

Pechará o Club o sábado 6 de xuño a escritora Ledicia Costas co seu conto Conexión macarrón. Premio Merlín e Premio Nacional de Literatura Infantil con Escarlatina, a cociñeira defunta é a única autora galega que posúe dous Premios Lazarillo, ademais de ter recibido recoñecementos, como o Premio Losada Diéguez de creación literaria ou o galardón do Mellor Libro Infantil e Xuvenil na Gala do Libro Galego por Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

Más en El Portal de la Infancia