Entre iguais: información dos correspondentes xuvenís

Programa de difusión da información xuvenil entre o alumnado.
photo_camera Programa de difusión da información xuvenil entre o alumnado.

A Xunta de Galicia destaca a labor dos correspondentes na difusión de información entre iguais.

O programa de Correspondentes xuvenís ten por obxecto conseguir que a mocidade universitaria galega estea informada dos diferentes programas, accións e iniciativas.

A Xunta destaca o labor dos informadores xuvenís na difusión da información entre o alumnado da ESO. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, apunta tamén a colaboración coas tres universidades galegas.

Información para a mocidade universidade galega

Esta iniciativa ten por conseguir que a mocidade universitaria galega estea informada dos diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia lle ofrece, así como outra información de interese. Son os propios estudantes, como correspondentes universitarios, os encargados de transmitir esa información, o que favorece a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.

Ademais de estar ao día das posibilidades de ocio e formación que se convocan para eles, os correspondentes universitarios verán recoñecido o seu esforzo e tempo investidos no programa a través dun certificado de educación non formal en materia de xuventude.

No eido académico, as tres universidades ofrecen a posibilidade de convalidar créditos ECT, segundo cadanseu convenio específico. Por outro lado, os interesados poderán solicitar gratuitamente o carné de alberguista. Así mesmo, e sempre que a situación sanitaria o permita, poderán participar nun encontro autonómico de correspondentes universitarios.

Pincha AQUÍ

Más en El Portal de la Infancia