Dépor e Igaxes xogan polo futuro da infancia máis vulnerable

O 20 de decembro Dépor e Igaxes celebran "Xogamos polo seu futuro". No último partido de 2019, todo o Deportivismo poderá demostrar a súa forza solidaria.

Desde as dúas entidades o saben: "Pobreza e infancia nunca deberan ir unidas. Pero os dereitos e o futuro de miles de nenas e nenos están en perigo. Só porque naceron nunha situación de dificultade".

Así, o 20 de decembro ás 21:00 h. en ABANCA-RIAZOR "#osnosos e #anosaforza xogarán polo futuro da infancia máis vulnerable", apuntan.

A recadación do Deportivo-Tenerife irá destinada aos programas de Igaxes para a protección e o éxito escolar dos nenos e nenas con máis necesidade de axuda en Galicia.

Si queres sumarte a esta inciativa del Dépor e Igaxes fai un donativo mínimo de 5€ e consegue a túa entrada solidaria. Co xustificante de doazón que recibirás por email poderás retirar o teu billete nas taquillas do club.

Podes colaborar tamén AQUÍ

Más en El Portal de la Infancia