"Investigo", prioriza á economía circular e o emprego verde

investigo é un programa de axudas á contratación da Xunta
photo_camera A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visita a empresa Citanias Obras y Servicios, beneficiaria das axudas do programa Investigo  02/01/2023 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

As axudas "Investigo" da Xunta de Galicia priorizan as ocupacións en economía circular e o emprego verde.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de 2023 da segunda edición do programa Investigo. A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade busca a xeración de emprego xuvenil en Galicia no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación.

Para iso, destinará 9,1 millóns de euros para conceder apoios dirixidos á contratación de persoas menores de 30 anos desempregadas en:

  • organismos de investigación e difusión de coñecementos,
  • universidades públicas,
  • centros tecnolóxicos,
  • parques científicos
  • entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro
  • empresas que estean a investir en investigación e innovación

Contratación de menores de 30 años

As axudas da segunda edición da iniciativa, que poden solicitarse desde mañá, van destinadas a estes centros para a contratación por conta allea de mozas e mozos oscilarán entre os 22.405,92 e 33.108,84 euros por persoa, financiándose, en concreto, os custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social.

Os contratos terán que contar cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa para o desenvolvemento e execución de iniciativas de investigación e innovación.

Priorizaranse as ocupacións referidas á economía circular e o emprego verde.

Previsións de contratacións

A previsión é que a través desta liña de axudas pódanse contratar a un mínimo de 277 mozas e mozos e un máximo de 409, en función dos módulos salariais a aplicar. Con esta medida, a Xunta segue a propiciar a inserción laboral das persoas mozas, mellorando a súa cualificación e outorgándolles a posibilidade de desenvolverse profesionalmente en ocupacións con alta demanda como o emprego verde e a economía circular.

Os programa Investigo forma parte dun plan máis amplo, o Emprega Xuventude, que a Xunta reeditará en 2023 con actuacións para o emprego dirixidas especificamente ás persoas máis novas e dotado con preto de 30 millóns de euros para beneficiar a uns 2.000 mozas e mozos.

Más en El Portal de la Infancia