Premios do V Concurso de Debuxo Picasso coruñés

Piccaso niño
photo_camera Piccaso niño

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou o 18 de xuño de 2019, na entrega de premios do V Concurso de Debuxo Picasso coruñés, organizado pola Asociación de la Prensa da Coruña (APC), e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo.

O certame repartiu un total de nove premios e 23 accésits en tres categorías destinadas a escolares de primaria e da ESO. O premio Picasso Coruñés ao mellor xornal recaeu en Noa Barral Sánchez (CEIP Raquel Camacho, A Coruña), en Leila García e Simram Vasco (IES Eusebio da Guarda, A Coruña) e en Silvia Codesido, Catalina Di Stasio e Laura Sandre (La Grande Obra de Atocha, A Coruña).

O premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración foi para Simón Vestraeten (Peñarredonda, A Coruña), Sara Calvo (La Purísima, Ourense), e Cristina Bey e Paula Novo (Santiago Apóstol, Narón). Os estudantes gañadores do premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción foron Pablo Martínez (Peñarredonda, A Coruña), Jorge Estévez (IES Eusebio da Guarda, A Coruña), e Raquel Larrosa, Sonia Larrosa e Paula Peón (L Grande Obra de Atocha, A Coruña).

Más en El Portal de la Infancia