"Uxío" a novidade do Premio Castelao de Banda Deseñada

"Uxío"
photo_camera "Uxío"

Martín Romero con "Uxío" é o gañador na categoría infantil do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña coruñesa.

A edición deste ano 2019 tivo como novidade que por vez primeira se concede a modalidade para público infantil e xuvenil, creada hai tres edicións pero deserto nas anteriores convocatorias.

Desta volta, o xurado decidiu outorgar o premio á obra "Uxío" de Martín Romero (Boiro, 1981) da que destaca as "posibilidades narrativas do medio, dun xeito diverso e interesante". Tamén fai referencia ao "uso humorístico, divertido, adaptado á idade, cunha filosofía sobre a vida e a cotidaniedade dun xeito lixeiro e poético". Ademais, sinalan que a obra ten un transfundo reflexivo moi interesante para o público infantil e xuvenil" .

Martín Romero, creador de "Uxío" é ilustrador, autor de cómics e director de animación, disciplinas que combina para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van desde o ámbito publicitario até o editorial. Os seus cómics "Las fabulosas crónicas del ratón taciturno" (2011), Episodios Lunares (2015) e "La deuda" (2017).  Martín Romero acaba de dirixir a súa primeira curtametraxe de animación titulada "La noche".

O xurado estivo presidido polo deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, e composto por Gema Sesar, Kiko da Silva, Antonio Navarro Santalla  e Albert Monteys ademais da xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat que actuou como secretaria. O premio está dotado con 6.500 euros ademais da publicación da obra.

Más en El Portal de la Infancia