VI edición do Concurso de debuxo "Picasso coruñés"

Foto: APC
photo_camera Foto: APC

A Asociación da Prensa da Coruña (APC) convoca este ano 2020 o VI Concurso de Debuxo Picasso coruñés co patrocinio da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Escuelas Infantiles “Os Pequerrechos” e British Royal School.

Nesta edición, recupérase tamén a colaboración do concello da Coruña, a través da súa concellería de Cultura, nunha aposta por volver poner en valor a figura do pintor na súa etapa na cidade. Este certamen conta tamén coa colaboración do IES Eusebio da Guarda.

Bases concurso de debuxo "Picasso coruñés"

Así, neste concurso pode participar o alumnado de centros públicos, concertados e privados de toda Galicia de 3º a 6º de Primaria e da ESO.

Por otro lado, a data límite para enviar os traballos á APC (rúa Durán Loriga, 10. 15003. A Coruña) remata o 31 de maio de 2020 e o xurado dará a coñecer a súa resolución no mes de xuño.

Además haberá tres premios por categoría: Premio Picasso Coruñés ao mellor xornal. Premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración e Premio Olga Cristina Viaño Sánchez a mellor redacción. Ademais, distinguiranse con accésit un mínimo de 5 obras de cada unha das categorías.

Os gañadores de cada unha das tres categorías do Premio Picasso Coruñés ao mellor xornal recibirán un cheque regalo de 450 euros e os tres profesores que enviaron os traballos gañadores, un lector de libro electrónico.

Pola súa banda, os gañadores dos premios José Luis Bugallal Marchesi e Olga Cristina Viaño Sánchez en cada unha das tres categorías recibirán un cheque regalo por valor de 300 euros.

O certame está aberto á participación do alumnado de 3º a 6º de Primaria e da ESO de centros públicos, concertados e privados de toda Galicia.

Tamén na presentación do concurso estiveron presentes: Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Alejandro de Arce, asesor técnico da concellaría de Cultura da Coruña; a directora do Eusebio da Guarda, Isabel Ruso; ea presidenta da APC, Doda Vázquez.

Do mesmo modo Anxo Lorenzo salientou o feito de que o concurso estea destinado a “estimular a creatividade” e que se presente e se entreguen os premios “no lugar onde estudou Picasso, nunha cidade que tivo un papel importante na conformación como artista e na súa deriva posterior como artista recoñecido a nivel mundial”.

Por iso Lorenzo insistiu “na galeguidade e na coruñesía de Pablo Picasso na súa formación” e manifestouse “encantado” de que o Concello volva colaborar e da súa “sensibilidade para estar presente neste concurso”, que “ten impacto en
toda Galicia”.

Do mesmo modo Alejandro de Arce manifestou a “necesidade de empregar referentes culturais tan potentes como Picasso, coas raíces na cidade, e vinculalos coa educación”. “Picasso –salientou-, é unha figura moi polifacética e dende esa perspectiva os rapaces e rapazas poden buscar nel unha influencia e unha vocación nas súas diversas formas de expresión artística”.

Para o Concello da Coruña, explicou, é importante “tratar de levantar pouco a pouco a Casa Museo Picasso e facer un proxecto de maior amplitude que o meramente local”.

Pola súa banda, Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa, lembrou á directora de Pequerrechos e a British Royal School, Paula Gundín, que non puido estar presente, e agradeceu ao Concello o seu “importantísimo apoio” nesta edición e pola súa “recuperación da figura de Picasso” a nivel local.

Despois de eso Vázquez salientou o “altísimo nivel” dos traballos que chegan de centros de toda Galicia, “no só na calidade dos debuxos senón tamén nas temáticas que elixen, coas que nos sorprenden pola súa sensibilidade e valores”.

Más en El Portal de la Infancia