Vantaxes da xuventude a través do carné xove en Gadis

gadis vantaxes mozos carné xove xuventude
photo_camera A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presentou a iniciativa nun supermercado Gadis en Oleiros Foto: Xunta de Galicia

Xuventude asina un convenio con Gadis para incrementar as vantaxes da mocidade a través do carné xove.

Así, desde Xuventude, a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presentou o día 1 de febreiro unha nova iniciativa para incrementar as vantaxes da xuventude a través do Carné Xove.

Neste sentido, a Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración con Gadis para ofrecer sorteos mensuais a mozos de entre 18 e 30 anos, aos que poderán optar con cada compra nalgún dos seus supermercados.

Ademais a conselleira explicou que a mocidade galega poderá optar a vales de compra por valor de 300 euros, teléfonos móbiles ou estadías en aloxamentos, entre outros.

Tamén aclarou que o único que precisan é descargar a aplicación móbil de Gadis e incluír o seu Carné Xove para participar nestes sorteos.

Nestes momentos o carné xove conta xa con 1.300 establecementos adheridos.

Para rematar, Fabiola García lembrou que nos últimos anos o Goberno galego mellorou o Carné Xove ao convertelo en 100% gratuíto e con vixencia indefinida para os 400.000 mozos de entre 12 e 30 anos en Galicia.

Más en El Portal de la Infancia