Atención temperá en Toques

Visita do director xeral de Persoas con
Discapacidade, Fernando González Abeijón, ao servicio de atención temperá en Toques.
photo_camera Visita do director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, ao servicio de atención temperá en Toques.

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou este servizo, ao que tamén asisten familias de Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar.

Na súa visita destacou a importancia da prevención e da detección precoz para o tratamento de problemas do desenvolvemento en nenas e nenos de 0 a 6 anos. O servizo de atención temperá o financia a Xunta de Galicia en Toques e unha vintena de menores reciben coidados profesionais.

Fernando González Abeijón explicou que esta unidade especializada non só atende ás familias de Toques, xa que tamén acoden a ela veciños dos municipios de Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar. Un equipo multidisciplinar ofrece unha resposta integral ás necesidades dos pequenos nos ámbitos da fisioterapia, a logopedia, a psicoloxía e a pedagoxía; ao tempo que serve de guía aos pais sobre como afrontar trastornos de desenvolvemento nos seus fillos.

Este servizo de coidados á infancia de Toques, á que o Goberno galego destina este ano máis de 69.000 euros, forma parte da Rede galega de atención temperá. Este ano 2022 rematará con 46 unidades especializadas deste tipo en funcionamento, cun investimento de máis de 6 millóns de euros por parte da Administración autonómica.

Máis cobertura

A aposta pola atención temperá que a Xunta de Galicia está a levar a cabo desde hai máis dunha década permitiu multiplicar por 15 o número de unidades en funcionamento desde 2009, cando só había dúas que cubrían 15 municipios; e multiplicar por dez o número de menores atendidos, que pasaron de 160 a 1.500.

Más en Salud y Medicina Hoy