O Sergas e a ONG "Tierra de Hombres" únense por mellorar a saúde dos menores africanos

O Sergas e a ONG "Tierra de Hombres" únense por mellorar a saúde dos menores africanos.
photo_camera O Sergas e a ONG "Tierra de Hombres" únense por mellorar a saúde dos menores africanos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; realizou unha etapa do Camiño de Santiago organizado pola ONG "Tierra de Hombres", co ánimo de apoiar o traballo dunha Fundación, que desde o ano 2005 colabora co Servizo Galego de Saúde (SERGAS), e cuxa labor se centra en que menores procedentes do continente africano poidan acceder a intervencións cirúrxicas, que non se practican no seus países de orixe.

O responsable da carteira sanitaria da Xunta agradeceu o traballo do conxunto de voluntarios que forman parte desta ONG, e puxo en valor todo o seu esforzo durante o acompañamento hospitalario dos nenos e nenas que son operados nos centros sanitarios galegos.

Pola súa banda, o delegado de "Tierra de Hombres" en Galicia, José Raúl Besada; apuntou que nestes intres a Fundación conta con 2 menores acollidos na nosa comunidade, e que, nos vindeiros tres meses, recibirá outros 6 menores para ser operados.

Durante todos estes anos, o traballo colaborativo entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Tierra de Hombres, posibilitou operar a máis de 100 menores procedentes de países africanos.

Más en Salud y Medicina Hoy