Un "8M" en Carballo que conta coa Infancia

infancia carballo día muller
photo_camera Mesa redonda en Carballo con motivo do 8M

O Concello de Carballo celebra unha parte do 8M dirixida á infancia.

Neste sentido, o concello de Carballo contempla unha parte divulgativa do programa do 8M. Trátase de dúas actividades dirixidas á infancia. Por unha banda, o 8 de marzo, de 18.00 a 19.00 horas, os nenos e as nenas estarán Xogando sen xénero na Praza do Concello. No caso de mal tempo, na planta alta do mercado municipal. A actividade consistirá na realización de diversos xogos e dun mural colectivo.

Ademais a última proposta, tamén lúdica, é o reparto da baralla Feminismos no tempo, un xogo de 55 cartas para situar feitos relevantes da historia do feminismo.

"Sinaladas"

Tamén ata o 13 de marzo, na Praza do Concello, está a exposición “Sinaladas”, que pretende contribuír a seguir construíndo referentes en feminino.

Por outro lado, o 8M en Carballo iniciouse cunha mesa redonda As mulleres teñen a palabra. Catro carballesas, que despuntan en profesións masculinizadas falaron en feminino. A xefa do parque de bombeiros de Carballo, Catú Vilariño; a empresaria Mercedes Fraga; a enxeñeira informática Verónica Bolón e a letrada da Xunta de Galicia Patricia Iglesias. A mesa contou coa colaboración da regueifeira Lupe Blanco, como presentadora e moderadora.

O prato forte da programación do 8M en Carballo é a formación, cun programa dirixido
aos diferentes sectores sociais. O

Más en El Portal de la Infancia