O CEIP Fogar visita o Concello de Carballo

visita CEIP Fogar concello de Carballo
photo_camera Os nenos e nenas do CEIP Fogar no concello de Carballo.

O xoves 2 de febreiro o Concello de Carballo recibiu a visita do alumnado de 2º de primaria do CEIP Fogar.

O alumnado acudiu á casa do concello coa súa propia corporación municipal. Tras o proceso electoral celebrado no cole, a alcaldesa Marta e as súas concelleiras ocuparon a zona presidencial do salón de plenos e compartiron responsabilidades de goberno con Evencio Ferrero e Luis Lamas durante unha sesión moi animada e participativa.

Marta agradeceu a axuda dos seus compañeiros e compañeiras de candidatura para preparar a campaña que lle permitiu gañar as eleccións, e o alcalde aproveitou para pedirlle consello de cara aos vindeiros comicios municipais.

A rapazada de 2º de primaria do CEIP Fogar está empezando a coñecer a administración municipal nas aulas e tamén na propia casa consistorial, onde, ademais do interrogatorio de rigor ao alcalde sobre cuestións de todo tipo, realizaron unha pequena excursión polas instalacións municipais que incluíu a Oficina Técnica, o servizo de informática, a Policía Local e a Policía Nacional. 

Os 82 nenos e nenas marcharon coa materia ben aprendida e cun agasallo colgado no lombo: unha mochila co skyline de Carballo que contiña un libro dos Bolechas.

Más en El Portal de la Infancia