Concurso de viñetas 2023: "Pan e rosas"

concurso viñetas 2023 pan e rosas
photo_camera Cartel do concurso de viñetas 2023: "Pan e rosas".

Desde Igualdade da Deputación da Coruña animan a participar do Concurso de viñetas 2023: "Pan e rosas". 

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades, da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular.

Baixo o lema “Pan e rosas” convídase a reflexionar e visibilizar a necesidade de conmemorar o “Día Internacional da muller”, lembrando a transformación histórica tras a Revolución Industrial da economía e o traballo coa desprotección e a explotación que viviron as mulleres e a necesidade da reivindicación da igualdade salarial, as melloras das condicións laborais, a necesidade de empoderamento das mulleres e posta en valor da contribución das mulleres ao mercado laboral e o desenvolvemento socioeconómico.

Temática

Os traballos poderán versar sobre a análise e percorrido histórico da Conmemoración do 8M, así como dalgún fito histórico asociados á loita polos dereitos laborais das mulleres.

Poderase participar en dúas categorías:

  • CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos): Outorgaranse primeiro, segundo e terceiro premio. O premio consistirá nun iPAD e unha colección de cómics por valor de 100 €.
  • CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos): Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio. O premio consistirá nun iPAD e unha colección de cómics por valor de 100 €

O prazo para entregar os traballos será o 30 de marzo de 2023.

Más en El Portal de la Infancia