A astrofísica da NASA Begoña Vila, no día da Nena na Ciencia

begoña vila participa no día da nena e da ciencia en galicia

A astrofísica da NASA Begoña Vila, no día da Muller e da Nena na Ciencia

A iniciativa avoga por promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no eido da ciencia.

Por eso, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidirá no Auditorio AFundación de Lugo, o acto "Mulleres, supernovas da Ciencia". O acto está convocado polo Goberno autonómico para conmemorar o 11 de febreiro, Día internacional da muller e da nena na ciencia. Ademais contará coa presenza da astrofísica e enxeñeira viguesa da NASA, Begoña Vila.

A través desta xornada, aberta ao público (11:30 horas) ata completar aforo, o Goberno galego quere contribuír ao impulso das vocacións científicas entre as mozas galegas e avanzar na efectiva igualdade de oportunidades entre mulleres e homes neste ámbito.

O encontro contará como invitada coa astrofísica e enxeñeira viguesa do Telescopio Espacial James Webb da NASA Begoña Vila.

Vilaque pronunciará un relatorio co título De onde vimos?, a resposta nas estrelas.

Dicir que Begoña Vila traballa como enxeñeira de sistemas do Fine Guidance Sensor (FGS) -sensor que leva o Telescopio James Webb-, no centro de voó espacial Goddard (GSFC) da NASA. En 2016 foi premiada por esta axencia coa medalla Exceptional Public Achievement Medal, distinción que se concede ás persoas alleas a esta organización, pero que contribúen de xeito relevante á súa misión espacial.

Intervencións durante a xornada

Durante a xornada están previstas tamén as intervencións de:

  • Cintia Folgueira Cobos, investigadora postdoctoral no Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC)
  • Natalia Barreiro Piñeiro, investigadora postdoctoral no Centro Singular de Investigación en Química, Bioloxía e Materiais Moleculares (CiQUS), da Universidade de Santiago de Compostela
  • María de la Fuente Freire, directora da unidade de Nano- Oncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e CEO da start up biotecnolóxica Diversa

Tras os relatorios, as persoas asistentes ao evento poderán tomar parte no mesmo a través de coloquios. Está prevista ademais a presenza de estudantes con intereses científicos, entre elas, dúas alumnas de institutos e colexios de Lugo que foron finalistas na Olimpiada Matemática Galega.

dia da nena na ciencia

A Xunta de Galicia mantén firme o seu compromiso para garantir a igualdade no eido da investigación e da universidade. A comunidade é punta de lanza por contar coa chamada lei Ángeles Alvariño apoiada unanimemente polo Parlamento, que introduce medidas para que a maternidade ou a conciliación non penalicen as carreiras das científicas.

Tamén, o Goberno galego traballa para que as mulleres poidan liderar o coñecemento e a investigación en todos os seus ámbitos, polo que conta coa Unidade Muller e Ciencia que desenvolve as súas funcións para incrementar a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia. Nesta liña estase a desenvolver o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 que, co maior orzamento da súa historia, 44,7 millóns de euros, aspira a lograr un sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Más en El Portal de la Infancia