Ponte... nas ondas!, no patrimonio inmaterial da Unesco

Ponte nas Ondas Epaña y Portugal
photo_camera Román Rodríguez destacou que está é a primeira vez que un proxecto galego entra neste rexistro e celebra que unha iniciativa nacida nas aulas galegas sexa un exemplo para todo o mundo

A UNESCO incribe o programa educativo galego Ponte nas Ondas! no rexistro de boas prácticas.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades encabezou en Rabat a delegación galega no 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. A candidatura conxunta de Galicia e Portugal acadou este recoñecemento, unha distinción que só obtiveron catro propostas a nivel internacional. É a primeira vez que un proxecto galego polo que se celebra que unha iniciativa nacida nas aulas galegas sexa un exemplo ara todo o mundo

O un de decembro, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, celebrou como un gran logro para Galicia a entrada do programa educativo Ponte…nas Ondas! no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

Ondas a favor da infancia

Neste sentido, a decisión foi aprobada hoxe no 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Foi na cidade de Rabat, onde o representante da Xunta encabezou a delegación galega acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez. Na sesión só acadaron esta distinción catro propostas a nivel internacional.

Así que tras a votación positiva da proposta conxunta de Galicia e Portugal, o responsable autonómico de Cultura destacou que a decisión supón un gran triunfo para todos os galegos e para o noso sistema educativo, xa que unha iniciativa nacida nas aulas galegas “será un exemplo para todo o mundo”. “Parabéns aos promotores polo traballo ben feito. Isto, sen dúbida, é un éxito seu e un recoñecemento ao traballo feito por todos os profesores e alumnos que ao longo de 27 anos participaron nesta iniciativa”, salientou o conselleiro.

Tamén dixo que “Como galegos debemos estar orgullosos porque un programa dos nosos centros educativos vai servir de inspiración para concienciar á rapazada sobre a importancia de coidar do noso patrimonio e grazas a esta iniciativa novas xeracións de todo o mundo aprenderán desde a infancia a importancia e valor do legado cultural e etnográfico”.

Un exemplo de convivencia

Ademais engadiu que o proxecto é tamén un exemplo de convivencia en zonas transfronterizas e pode servir para mellorar o entendemento en rexións en conflito, tal e como resaltou a Unesco no eloxioso informe que emitiu previamente á avaliación. Tamén agradeceu a implicación dos embaixadores de España e Portugal na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes e Rosa Batoréu, e do director xeral de Belas Artes, Isaac Sastre e do resto de altos cargos do Ministerio de Cultura e Deporte na tramitación deste expediente.

O programa Ponte… nas Ondas!, impulsado pola asociación cultural co mesmo nome que coordina o profesor Santiago Veloso, naceu hai 27 anos nos centros educativos do sur de Pontevedra e do Alto Minho e desde entón non deixou de medrar co obxectivo de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial na fronteira portuguesa-galega mediante a creación de espazos nos que o patrimonio pode practicarse e transmitirse ás xeracións máis novas.

A iniciativa bota man das radios escolares como ferramenta fundamental para o seu desenvolvemento. Trátase dun modelo educativo para o mundo que tal e como apuntaron os examinadores da Unesco no informe previo á valoración, combina radio, educación e patrimonio cultural cunha “fórmula eficaz de salvagarda” nas escolas a ambos lados da fronteira galego-portuguesa.

Así esta iniciativa implica aos mozos nas súas propias tradicións e “crea conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial”. Para logralo ao longo deste tempo concorreron factores como a formación do profesorado, a presenza de especialistas nos centros, o uso das tecnoloxías da información e os recursos radiofónicos.

Más en El Portal de la Infancia