A Plataforma galega celebra os dereitos da infancia

A Poig celebras os dereitos da Infancia
photo_camera Foto arquivo: 20 N 2020

A Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) celebra a semana onde os nenos e nenas son os protagonistas.

Con motivo da Conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia o 20 de novembro, a Plataforma galega prevé tres actos con diferentes institución galegas.

Ademais o día 19 comezará ás 10:00 hs. na Valedora do Pobo coa presentación do Informe sobre a Situación da Infancia en Galicia coas intervencións de María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo e Xesús María Vilas Otero, Presidente da Plataforma.

Tamén aportarán a súa experiencia os seguintes especialistas en violencia infantil vítimas de abuso sexual e acoso:

  • Javier Rey Ozores, Fiscal Xefe de la Audiencia Provincial de A Coruña
  • Elena Rodríguez, Psicóloga especialista en violencia infantil

Aclarar que as 12:30 hs. a xornada polos dereitos da Infancia continuará coa entrega do informe ao presidente do Parlamento galego.

Tamén ás 17:30 hs. e para rematar o día, a Plataforma realizará un acto en conxunto coa consellería de Política Social na Xunta de Galicia, na que se levará a cabo a constitución do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da plataforma. Máis de 30 nenos e nenas procedentes das súas 35 entidades acudirán ao acto e realizarán a lectura dun Manifesto en prol dos seus dereitos.

Por outro lado, no mesmo acto terá lugar a proxección dun vídeo resumo das conclusións aportadas polos grupos galegos ao proceso participativo realizado pola Plataforma da Infancia este 2021.

Ademais destes actos na capital galega terán lugar outros eventos descentralizados, o día 19 en Vilardevós e Mondoñedo, e o día 20 en Ourense.

Más en El Portal de la Infancia