Sete mil euros para orfos de vítimas mortais por violencia de xénero

axudas xunta de galicia orfos
photo_camera Axudas Xunta de Galicia orfos por violencia de xénero

A Xunta de Galicia apoia con sete mil euros a orfos e orfas de vítimas mortais por violencia de xénero.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de axudas dirixidas a orfos: fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero. Tamén axudas a mulleres que resultaran gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia machista.

Aclarar que o orzamento da convocatoria para 2022 ascende a 70.000 euros e os apoios poderán solicitarse desde o martes 28 ata o 30 de novembro de 2022. Ademais, a persoa beneficiara da axuda recibirá 7.000 euros de indemnización nun único pago. Esta axuda se completa cunha asistencia integral no marco das medidas que Galicia brinda para apoiar ás mulleres e as persoas menores de idade na súa recuperación.

Deste xeito, no caso das axudas dirixidas aos orfos e orfas, poderán recibir a contía sempre que na data do falecemento da súa nai sexan menores de idade e conviviran con ela (independentemente da renda familiar); no caso dos maiores de ata 30 anos, deben depender economicamente da nai e/ou do pai agresor.

Para poder acceder á convocatoria de 2022, os feitos teñen que terse producido con posterioridade ao 1 de xullo de 2020.

Más en El Portal de la Infancia