A Infancia galega precisa dunha lei que non a deixe nun segundo plano

asamblea general de la plataforma galega
photo_camera O 22 de febrero a POIG celebrou a súa Axemblea Xeral

A POIG reclama unha Lei de Infancia galega para os nenos, nenas e adolescentes

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)  ven de celebrar a  súa  primeira Asemblea  Xeral  do ano 2022. As 35 entidades que a integran aprobaron o Plan de Acción que rexerá os proxectos da Entidade galega durante os próximos meses.

Neste encontro, a Plataforma galega fixou os seus obxectivos estratéxicos, e todos pasan por reivindicar unha lei galega de Infancia que poña en primeiro plano aos nenos, nenas e adolescentes en Galicia. Xa outras comunidades autónomas diron o paso a esta oportunidade a favor dos dereitos das persoas menores de idade.

Ademais entre as liñas extratéxicas destacar:

  • Incidencia política e social polos dereitos da Infancia. Hai que atender todos os dereitos da infancia e dar resposta a todas as súas necesidades. Neste sentido, a POIG iniciará unha rolda de contactos para poñer encima da mesa o contido do Informe sobre a Situación da Infancia en Galicia. Destacar tamén neste punto a vindeira implantación da Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI) na nosa Comunidade para o que hai estar preparados.

  • Promover a mellora do Sistema de Protección de Menores galego (SPM). A Asemblea aplaudiu a posta en marcha dun grupo de traballo entre a  POIG, a Xunta e as xefaturas territoriais das catro provincias galegas. Aprobáronse como obxectivos estratéxicos: o establecemento dun documento de necesidades a abordar polo SPM; o apoio á Xunta para a revisión de protocolos e circulares e reivindicar a voz dos equipos que acompañan á infancia nas entidades.

  • Promoción da participación infantil. Neste apartado a POIG quere consolidar o seu Grupo de Participación Infantil e Adolescente

Más en El Portal de la Infancia