Novas axudas para favorecer a adaptación e integración do alumnado ucraíno

A Xunta pon a disposición dos centros recursos e materiais didácticos  para favorecer a adaptación e integración do alumnado ucraíno-El Portal de la Infancia
photo_camera Foto Europa Press- Nenos asistindo a unha escola galega-El Portal de la Infancia

Os centros dispoñen dun modelo de Plan de Acollida elaborado coa achega de equipos directivos e servizos de orientación con experiencia na atención a alumnado procedente doutros países.

Co obxectivo de asegurar a máxima atención educativa ao alumnado ucraíno desprazado a Galicia por mor da guerra, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de poñer á disposición dos centros educativos un espazo web específico sobre Ucraína con recursos e materiais didácticos encamiñados a favorecer este proceso de adaptación e integración nas aulas.

Un dos elementos principais é a dotación de ferramentas específicas para a comunicación co resto do alumnado e co profesorado. Para tal fin está dispoñible unha guía básica de conversación galego-castelán-ucraíno cos seus respectivos pictogramas e coa transliteración do ucraíno para fomentar tamén un proceso recíproco no que o alumnado acollido poida comunicarse en galego e castelán e os alumnos e profesores galegos saiban pronunciar palabras en ucraíno. Xúntase tamén unha guía de expresións más habituais e escolmas de material de utilidade dispoñible na rede, entre outros recursos de interese.

Todos estes materiais iranse actualizando nos próximos días coa incorporación de traducións en idioma ruso (que é un dos idiomas de uso cotiá de moitos dos desprazados) e a elaboración dun dicionario de preto de 1.000 palabras, así como doutros materiais e recursos específicos.

Así mesmo, hai un apartado específico sobre equipamento TIC, de tal xeito que, no marco do programa Educa en Dixital, todo alumno ucraíno que o precise vai dispoñer dun ordenador con conexión á rede. Todos os equipos que se repartan estarán configurados para os idiomas galego, castelán e ucraíno, e os teclados estarán identificados con pegatinas específicas para a escritura en ucraíno.

Guía de Acollida do alumnado ucraíno

Doutra banda, ademais da normativa específica para a escolarización inmediata destes nenos e as instrucións aos centros para a posta a disposición de material escolar e servizo de transporte, comedor e actividades extraescolares, a Consellería pon a disposición dos centros un modelo de Guía de Plan de Acollida para facilitar unha adaptación o máis efectiva posible do alumnado desprazado.

Todos estes materiais foron elaborados coas achegas de orientadores así como dun grupo de traballo de profesionais do Comité Educativo e da Xunta Autonómica de Directores e de equipos directivos con experiencia previa en acollida de alumnado estranxeiro.

Más en El Portal de la Infancia