O CIFP Ferrolterra terá un novo ciclo medio no vindeiro curso

O CIFP Ferrolterra terá un novo ciclo medio no vindeiro curso-El Portal de la Infancia
photo_camera O CIFP Ferrolterra terá un novo ciclo medio no vindeiro curso-El Portal de la Infancia

A Xunta de Galicia vai implantar no Centro Integrado de FP Ferrolterra o ciclo de grao medio de Redes e estacións de tratamento de augas na modalidade de FP Dual o vindeiro curso.

Ata o momento esta formación só se impartía no Politécnico de Santiago e, o ciclo de grao superior, no Universidade Laboral de Culleredo.

Así o explicou o director xeral de Formación Profesional, José Luis Mira, na presentación deste ciclo no centro ferrolán, onde estivo acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

“A inserción laboral da FP dual é de case o 100% e este ciclo realízase en colaboración e a demanda de varias empresas, polo que estamos seguros de que esta nova oferta para a cidade de Ferrol vai ser unha oportunidade de emprego para o alumnado que a curse”, destacou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Na presentación do ciclo o director xeral estivo acompañado por representantes das empresas participantes neste proxecto de FP Dual e diferentes autoridades.

O ciclo de grao medio de FP Dual en Redes e estacións de tratamento de augas no CIFP Ferrolterra terá 12 prazas dispoñibles. A metade da formación desenvolverase no centro educativo e a outra metade nas empresas colaboradores, en concreto Emafesa, Viaqua, Cosma, Intacta e Foncafer. No período de formación na empresa os alumnos están dados de alta na Seguridade Social, cotizando e percibindo unha compensación económica pola actividade que realizan.

O periodo de presincrición neste ciclo iniciarase a finais do mes de xuño e a selección de alumnos realizarase no mes de xullo.

Más en El Portal de la Infancia