30ª Edición do Rally Matemático e Científico "Sen Fronteiras 2022"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García participou na presentación da 30ª edición do Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2022 organizado por Igaciencia-El Portal de la Infancia
photo_camera O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da 30ª edición do Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2022 organizado por Igaciencia-El Portal de la Infancia

Nesta edición participaron un total de 936 estudantes xunto a 117 docentes.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da 30ª Edición do Rally Matemático e Científico "Sen Fronteiras 2022", na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha das probas científicas para alumnado da ESO de maior participación en Galicia, promovida pola Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade amosouse “moi satisfeito coa implicación do alumnado nunha proba que se realiza en galego, amosando a capacidade dos máis novos para desenvolver calquera destreza na lingua propia”. Xunto co secretario xeral, formaron parte na mesa de entrega de premios o vicedecano da Facultade de Química, Pedro Rodríguez Dafonte, así como Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben González, presidente e secretaria da Institución Galega de Ciencia.

Nesta última edición do premio participaron un total de 936 alumnos de todas as provincias galegas, apoiados polos seus 117 docentes. Os gañadores desta final galega resultaron ser o Colexio Nosa Señora dos Remedios, de Santiago de Compostela, en 1º da ESO; o Instituto IES nº1 do Carballiño, en 2º da ESO, e o Colexio Sagrado Corazón de Placeres de Marín, en 3º. En 4º da ESO, con dúas modalidades, os vencedores foron o Colexio Nosa Señora dos Remedios, por Física e Química, e o instituto IES Manuel Murguía de Arteixo, por Matemáticas. Estes cinco equipos gañadores asistirán en maio á final internacional de Toulouse e recibiron, a maiores, un lote de libros da man da Xunta.

Más en Arteixo