A Xunta amplía os clubs de lectura á etapa de Primaria

Clubs Lectura etapa Primaria
photo_camera Clubs Lectura etapa Primaria

A Xunta de Galicia vén de publicar a resolución da convocatoria para o desenvolvemento de Clubs de Lectura nos centros educativos. Como novidade destacar que este ano se amplían á etapa de Primaria. Así en total son 346 os centros que participarán nesta iniciativa: 87 o farán por primeira vez na etapa de Primaria e os restantes nas de ESO, Bacharelato, FP ou ensinanzas de réxime especial.

Aclarar que por provincias:

  • 132 son centros da Coruña
  • 48 de Lugo
  • 44 de Ourense
  • 122 de Pontevedra

Para os clubs de lectura cada centro recibe unha contía de entre 700 e 1800 euros, en función do tipo de centro e do proposta presentada. A asignación destinarase á adquisición de libros que pasarán después de su uso nos clubs aos fondos da biblioteca escolar. Ademais poden costearse outros gastos de menor contía derivados do funcionamento do club de lectura.

Desde á Consellería apuntan que "O obxectivo da ampliación da iniciativa á etapa de Primaria é estender os beneficios destes grupos aos máis novos, logo dos éxitos acadados nos clubs de lectura do ensino secundario, e reforzar, deste xeito, o papel desta ferramenta na creación e consolidación de hábitos lectores así como no desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, como comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística…"