Crianza, escola e lecer en galego

crianza en galego xunta de galicia
photo_camera Crianza en galego desde o berce. Foto: Photo by Jill Sauve on Unsplash

Crianza, escola e lecer en galego, a proposta do secretario xeral de Política Lingüística

Ven de celebrase os XXIII Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Xunta de Galicia. A aposta: crianza, escola e lecer en galego.

Desta maneira, baixo o título "Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega" celebrouse un evento que xuntou información, reflexións, experiencias e propostas para que a transmisión do galego non decaia na infancia.

Lembrar que o secretario xeral de Política, Lingüística, Valentín García, quen asistiu á inauguración, sinalou que "a transmisión interxeracional é o reto máis importante en materia de lingua que debemos afrontar hoxe”. Neste senso, añadiu que “todas as reflexións, esforzos e accións que se fagan nesta liña son importantes e que tanto o Goberno como a cidadanía deben remar no mesmo sentido para conseguir resultados satisfactorios”.

Catro bloques temáticos

Por outra parte, os Encontros para a Normalización Lingüística buscan ser un foro anual de debate e intercambio de información a raíz dos cales atopar solucións para as diferentes situacións que atravesa a lingua propia. Nesta XXIII edición buscouse recadar un conxunto de solucións da man de expertos en diferentes ámbitos da vida dos rapaces e rapazas a través de sesións organizadas en catro bloques temáticos:

  • A transmisións interxeracional da lingua galega: marco conceptual e contexto social
  • Crianza en galego…crianza natural
  • Escola en galego… escola aberta
  • Lecer en galego? Espazo de transmisión?

Neste sentido, desde a consellería de Cultura, Educación e Universidade, tal e como explicou Valentín García, “consciente da importancia da transmisión interxeracional da lingua propia, porá en marcha unha nova campaña para o fomento do emprego do galego nas familias, especialmente
das que habitan en contornos urbanos e periurbanos”. Esta medida únese ao xa vixente Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 e ao programa de dinamización da lingua galega FalaRedes

Aclarar que FalaRedes xa vai pola súa X edición, e que centra a meirande parte da súa programación anual nos máis pequenos e pequenas da casa.