Política Social destaca a importancia do voluntariado nas escolas galegas

Visita de Cristina Pichel ó CIFP Paseo das Pontes en conmemortación ó día internacional do voluntariado
photo_camera Visita ó CIFP Paseo das Pontes en conmemortación ó día internacional do voluntariado

Visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, ao CIFP Paseo das Pontes en conmemoración do día internacional do voluntariado.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destaca a importancia do programa de Rede de Centros Escolares Solidarios da Xunta de Galicia para achegar os valores do voluntariado ao alumnado galego. Durante unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Paseo das Pontes da Coruña, inscrito nesta iniciativa, o fixo en conmemoración do Día Internacional do Voluntariado, que se celebra o próximo domingo 5 de diciembre.

A súa vez, os alumnos de formación profesional do centro coruñés están a levar a cabo o proxecto "Paseolidarios" que procura axudar ás asociacións "Boa Noite, Casco e Mulleres Colleiteiras (entidades socias de referencia na zona da Coruña)", coas que están a colaborar.

Deste xeito, o proxecto está dividido en dúas frontes de acción. Na primeira delas, recollen os alimentos sobrantes dos ciclos da área de hostalería para entregalos ás familias que o precisen. A segunda parte céntrase na organización dun mercado solidario que se celebrou nas instalacións do CIFP.

Tamén, os estudantes venden as creacións realizadas polos alumnos da FP de Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel, para recadar fondos para estas dúas asociacións.

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Consellería de Política Social que pretende achegar o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia, e animalos a comprometerse.

Neste curso hai oito centros educativos galegos que están inscritos no programa que promove a solidariedade, a participación e o compromiso social entre a comunidade educativa.