Nova edición da Escola Ambiental Senda Nova

aberto o prazo de inscricións na escola senda nova carballo
photo_camera Foto: Senda Nova - abertas as preinscricións para a nova temporada

A Escola Ambiental Senda Nova ten aberto as preinscricións para esta nova temporada

Así, a Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo ten aberto o prazo de preinscrición para nenos e nenas que desexen anotarse a unha nova programación de actividades.

A infancia ten a oportuniade de aprender de cara á potenciación do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico dentro da bisbarra.

En concreto, os destinatarios son nenos e nenas carballeses de entre 3º e 6º de educación primaria, que ya poden formalizar a súa proposta de entrada.

Como formalizar á preinscripción?

Para levar a cabo a preinscripción é necesario entregar un formulario:

  • no Espazo da Natureza de Oza (aberto mércores, xoves e venres de 17 a 20h);
  • tamén pode entregarse na Libraría Clarión, situada na Rúa Valle Inclán de Carballo (dentro do seu horario de apertura).

O formulario será repartido polos centros de ensino de Carballo; tamén están disponbiles no Espazo da Natureza de Oza e na libraría Clarión.

A data límite de entrega dos formularios é o xoves 18 de novembro. As prazas da Escola Ambiental serán asignadas por orde de entrega da preinscrición.