sábado, mayo 21, 2022
  • Login
Sin Prensa
Toda la prensa
El Portal de la Infancia
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES
Sin Prensa
Toda la prensa
El Portal de la Infancia
Sin Prensa
Toda la prensa

«Coñece as túas institucións»

20 enero, 2022
in política
Nova edición do programa coñece as túas institucións

A Xunta e o Parlamento recuperan o programa coñece as túas institucións

O obxectivo deste programa é fomentar unha cidadanía democrática e responsable entre o alumnado.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, acaban de asinar un convenio de colaboración para a posta en marcha da segunda edición do programa «Coñece as túas institucións».

A actividade, que quedou interrompida ao inicio da pandemia, retómase de novo e, como xa ocorreu en cursos pasados, artellarase a través da organización de visitas didácticas de escolares de 5º e 6º de Primaria e de ESO ás sedes de ambas as dúas institucións, Xunta e Parlamento, de xeito que reciban información sobre o desenvolvemento das principais funcións de cada unha delas nos lugares onde se realizan e material didáctico específico.

Tal e como sinalou o conselleiro, o obxectivo deste programa é “promover o achegamento e dos máis novos sobre os poderes lexislativo e executivo de Galicia”. Neste sentido, sinalou que “acadar un maior coñecemento sobre estas institucións vai contribuír de forma decisiva a que os nenos de hoxe se convertan en cidadáns do mañá preparados para exercer os seus dereitos democráticos de xeito responsable e activo”.

Promoción de valores

Román Rodríguez lembrou tamén que o Goberno galego promove a formación do alumnado en valores democráticos, para o exercicio das competencias sociais e cívicas, así como para a interacción e participación no ámbito público desde os principios de democracia, transparencia e Goberno Aberto.

“Ademais desta iniciativa, impártese a materia de libre configuración autonómica Valores democráticos Europeos en 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria, que ten por obxecto promover os valores necesarios para o exercicio dunha cidadanía democrática e para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria, transparente e crítica”, engadiu o conselleiro. Cursan esta materia este curso un total de 229 alumnos galegos.

Solicitudes

Os centros participantes en «Coñece as túas institucións» formarán grupos dun mínimo de 20 e un máximo de 55 participantes, incluídos as persoas responsables do acompañamento. Para o desenvolvemento das visitas o alumnado distribuirase en grupos nun número que se considere axeitado ao mellor aproveitamento da visita sen que esta interfira na actividade das institucións.

Xunta e Parlamento promoverán, impulsarán e divulgarán o programa entre os centros docentes. Ademais, financiarán o trasporte dos nenos desde os centros educativos ata Santiago de Compostela.

As visitas desenvolveranse durante o segundo e terceiro trimestre do curso 2021-2022 e durante os cursos 2022-2023 e 2023-2024, e o alumnado acudirá ao Parlamento e á Xunta na mesma xornada. A web do Parlamento ten dispoñible material didáctico orientado ao profesorado e o alumnado, coa finalidade de que poidan preparar a visita. Así mesmo, no portal da Cámara galega (que xestionará as visitas) estarán dispoñibles os formularios de solicitudes.

Noticias Relacionadas

A Xunta investirá na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

A Xunta investirá na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

18 abril, 2022

Engadirase un andar máis ao edificio existente, dotado de aulas polivalentes, de música e debuxo, así como zona ‘maker’, ximnasio...

O Concello de Carballo aproba a concesión de axudas para pagar as facturas da luz

O Concello de Carballo aproba a concesión de axudas para pagar as facturas da luz

20 mayo, 2022

Titulares do bono social e persoas que reciben tratamentos de osixenoterapia ou diálise peritoneal nos seus domicilios recibirán un pago...

Aberto o prazo de inscrición da carreira popular 10K Carballo

Aberto o prazo de inscrición da carreira popular 10K Carballo

18 abril, 2022

Confirmada a primeira inscrición para a 10K Carballo, organizada pola Concellaría de Deporte. A carreira popular do concello de Carballo...

Siguiente Noticia ➡️
Novo CIS Olimpia Valencia en Vigo-El Portal de la Infancia

Novo CIS Olimpia Valencia en Vigo

¡Tu opinión cuenta! Cancelar respuesta

  • Voluntariado Gallego | La Guía de ONGs de Galicia
    La Guía de ONGs de Galicia | Voluntariado Galego
  • Legumbres y callos Arteixo
    Legumbres y callos Arteixo
  • Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
    Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN

El Portal de La Infancia

  • en portada
  • entrevistas
  • infancia
  • Jóvenes para Jóvenes
  • leyes y normas
  • política
  • salud
  • sistema de proteccion
  • sociedad
PEstudio- Periodismo Social
Intercoruña El Portal de la Infancia
Plataforma Organizacións Infancia de Galicia
Asociación sociocultural En Página Impar
El Diario de Arteixo
  • Twitter
  • Facebook
  • YouTube
  • Instagram
  • LinkedIn
 

Contactar con Redacción

Contratar Publicidad

Sobre PEstudio-Periodismo Social

Sin Prensa
Toda la prensa
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.