sábado, mayo 21, 2022
  • Login
Sin Prensa
Toda la prensa
El Portal de la Infancia
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES
Sin Prensa
Toda la prensa
El Portal de la Infancia
Sin Prensa
Toda la prensa

Novo CIS Olimpia Valencia en Vigo

24 enero, 2022
in política
Novo CIS Olimpia Valencia en Vigo-El Portal de la Infancia

En marcha o novo CIS Olimpia Valecia en Vigo-El Portal de la Infancia

O investimento da Xunta na atención primaria en Vigo, dende 2009, con este nova infraestrutura, supera os 20 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, explicaron, na sede
da Delegación Territorial, os detalles da licitación do contrato de obra do novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, que xa fíxonse pública no Portal de Contratos Públicos de Galicia. Segundo o conselleiro, trátase dunha obra que vai ser transformadora non só dende o punto de vista asistencial senón, tamén, dende o punto de vista urbanístico.

As empresas interesadas na execución deste contrato, licitado por algo máis de 12,8 millóns de euros, teñen de prazo ata o vindeiro 21 de febreiro para presentar as súas ofertas. O inicio das obras está previsto unha vez conclúa o traslado á Cidade da Xustiza dos servizos e o persoal da Audiencia Provincial e os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses.

O CIS Olimpia Valencia é, -tal e como destacou García Comesaña-, a primeira obra que se licita do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, aprobado en outubro pasado polo Consello da Xunta, e que contempla 51 actuacións, coa posta en marcha nos vindeiros anos de 37 novos centros de saúde e a ampliación e reforma doutros 14.

Prestacións do novo centro

Segundo explicou o conselleiro, o proxecto definido desenvolve un edificio acolledor, cunha envolvente que garanta a posibilidade de que a gran maioría de postos de traballo e estancia dos pacientes dispoñan de luz natural e contacto co exterior, permitindo a visualización dos exteriores e zonas axardinadas. Prevese tamén a apertura de ocos nos forxados para enriquecer os espazos interiores con dobre alturas e maior permeabilidade á entrada de iluminación de luz natural, e na súa construción primará a eficiencia enerxética e o uso de materiais reciclados.

O centro albergará servizo de urxencias, unha área asistencial con 20 consultas de medicina xeral, 20 de enfermería, 8 consultas de pediatría, 8 de enfermería pediátrica, 2 consultas de odontoloxía, área da muller, rehabilitación con fisioterapia, telemedicina,
administración e base do 061.

Dende o punto de vista asistencial, a nova infraestrutura, que substituirá ao centro de saúde de López Mora, dotará á zona de servizos que non existían, como fisioterapia ou odontoloxía, aos pacientes de centros próximos.

Tamén remarcou o conselleiro outros investimentos sanitarios xa realizados pola Xunta no Concello de Vigo, entre os que citou o centro de saúde de San Paio de Navia, con 4,3 millóns de investimento; os 1,2 millóns do centro Taboada Leal; e os 1,4 millóns destinados ao centro de saúde de Bouzas, ademais das reformas do de Lavadores, da Rúa Cuba e de Coia.

Tal e como incidiu García Comesaña, a atención primaria de Vigo non só tivo reforzos en infraestruturas senón, tamén, en persoal. Así, o Plan Galego de Atención Primaria creou, nos centros de saúde da cidade, 22 novas prazas de profesionais, das que 19 están cubertas. Son cinco prazas máis de medicina de familia, dez máis de enfermería e catro máis de fisioterapia.

Compromiso coa atención primaria e con Vigo

O compromiso da Xunta de Galicia coa atención primaria, non só en Vigo senón tamén no conxunto de Galicia, está patente nuns orzamentos, -dixo o conselleiro- nos que os fondos para persoal deste nivel asistencial soben respecto ao ano pasado, e están 100 millóns por riba dos de hai 12 anos. No que atinxe a obras, os presupostos deste ano para o capítulo de investimentos en primaria contan con 34,3 millóns de euros, os segundos máis altos dos últimos 16 anos, só superados polos do ano pasado con 54 millóns de euros, ao incorporar un fondo covid.

Nesta partida orzamentaria de 34,3 millóns de euros, García Comesaña remarcou que 2,3 están reservados para a primeira anualidade prevista desta gran obra que será o CIS Olimpia Valencia.

O titular da carteira sanitaria dixo que nos orzamentos deste ano a Xunta destina preto de dez millóns de euros para os hospitais públicos de Vigo. En concreto, catro son para as obras de climatización do Meixoeiro, tres para equipamento electrónico no Álvaro Cunqueiro, e 2,6 para a reforma de varias unidades deste hospital.

Noticias Relacionadas

A Xunta investirá na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

A Xunta investirá na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

18 abril, 2022

Engadirase un andar máis ao edificio existente, dotado de aulas polivalentes, de música e debuxo, así como zona ‘maker’, ximnasio...

O Concello de Carballo aproba a concesión de axudas para pagar as facturas da luz

O Concello de Carballo aproba a concesión de axudas para pagar as facturas da luz

20 mayo, 2022

Titulares do bono social e persoas que reciben tratamentos de osixenoterapia ou diálise peritoneal nos seus domicilios recibirán un pago...

Aberto o prazo de inscrición da carreira popular 10K Carballo

Aberto o prazo de inscrición da carreira popular 10K Carballo

18 abril, 2022

Confirmada a primeira inscrición para a 10K Carballo, organizada pola Concellaría de Deporte. A carreira popular do concello de Carballo...

Siguiente Noticia ➡️
VIII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia

VIII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia

¡Tu opinión cuenta! Cancelar respuesta

  • Voluntariado Gallego | La Guía de ONGs de Galicia
    La Guía de ONGs de Galicia | Voluntariado Galego
  • Legumbres y callos Arteixo
    Legumbres y callos Arteixo
  • Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
    Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN

El Portal de La Infancia

  • en portada
  • entrevistas
  • infancia
  • Jóvenes para Jóvenes
  • leyes y normas
  • política
  • salud
  • sistema de proteccion
  • sociedad
PEstudio- Periodismo Social
Intercoruña El Portal de la Infancia
Plataforma Organizacións Infancia de Galicia
Asociación sociocultural En Página Impar
El Diario de Arteixo
  • Twitter
  • Facebook
  • YouTube
  • Instagram
  • LinkedIn
 

Contactar con Redacción

Contratar Publicidad

Sobre PEstudio-Periodismo Social

Sin Prensa
Toda la prensa
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.