Trescientos alumnos arteixáns participan no 1º Congreso sobre saúde afectivo-sexual

os alumnos e alumnas demandan formación sobre saúde afectivo-sexual congreso
photo_camera Más de 300 alumnos e alumnas e profesores participan no 1º Congreso de Arteixo sobre saúde afectivo-sexual

Preto de 300 alumnos e alumnas participaron no primeiro Congreso sobre saúde afectivo sexual organizado polo Concello de Arteixo

Dicir que 300 alumnos e alumnas, xunto co profesorado, participaron no primeiro Congreso sobre saúde afectivo sexual organizado polo Concello de Arteixo. O evento do Concello se levou a cabo no marco da celebración do Día do Neno, data que se conmemora o 20 de novembro.

Neste sentido, a concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, reivindicou tres dereitos fundamentais da infancia: saúde, educación e participación infantil.

Así, ponentes de prestixio abordaron temas coma: as emocións, pensamentos e sentimentos; a xenitalidade, o xénero e as enfermidades de transmisión sexual; para que sirve a sexualidade e se é igual para todos; etc.

Destacar o éxito en canto á participación do alumnado que mostrou o seu interese e necesidade por saber máis sobre estes temas. Foron moitas as súas preguntas aos ponentes, nun marco de bo trato aos adolescentes.

Aclarar que o Congreso tivo dúas xornadas:

  • A primeira, para alumnos, profesores e equipos directivos que compartiron ensinanzas en canto aos distintos niveis de relación: afectividade, intimidade, sexualidade e xenitalidade.
  • A segunda, para o colectivo do profesorado, pois desde a concellaría de Educación preténdese dar as ferramentas demandadas para a formación dos nenos, nenas e adolescentes.