Premiados no primeiro concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar

primer concurso escolar galego sobre reanimación cardiovascular
photo_camera O secretario xeral técnico, Manuel Vila, participa na entrega dos premios do 1º Concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar.

Catro centros educativos galegos reciben os premios do primeiro concurso sobre reanimación cardiopulmonar.

O certame sobre reanimación cardiopulmonar dirixiuse ao alumnado de Educación Primaria, Secundaria, FP e ás anpas dos centros educativos de Galicia. A finalidade foi impulsar a formación dos alumnos destas etapas sobre os coñecementos de reanimación cardiopulmonar básica. Tamén sobre as decisións máis adecuadas diante dunha parada cardíaca.

Neste sentido, a participación organizouse por etapas educativas e por aulas. Cada un dos equipos participantes presentou un proxecto con actividades de fomento do coñecemento das pautas para realizar as manobras de resucitación cardiopulmonar dentro da súa contorna, en diferentes soportes: cartel, infografía, peza audiovisual, conto, mural…

Ademais a aula premiada recibiu como agasallo un curso de alimentación cardiosaudable e un xogo de mesa sobre reanimación cardiopulmonar e emerxencias.

Dicir que os centros premiados son:

  • Centro Público Integrado CPI O Cruce (Cerceda)
  • Instituto IES Perdouro (Burela)
  • Colexio Peleteiro (Santiago de Compostela)
  • CEIP Isidro Parga Pondal (Oleiros)

Proxectos

No caso do CPI O Cruce, alumnos de 3º ESO resultaron galardoados polos bonecos para adestrar as manobras da reanimación cardiopulmonar que realizaron de maneira sinxela e empregando materiais de refugallo, ademais dos vídeos explicativo-didácticos que os acompañan. O xurado valorou o seu potencial uso en todos os centros educativos e o compromiso do proxecto cos valores de respecto ao mediambiente e sostibilidade.

O proxecto premiado no IES Perdouro foi o cartel Dá Vida, dun grupo de alumnado de 4º ESO. O cartel explica os distintos aspectos da reanimación cardiopulmonar e ao que se lle deu difusión tanto nas diferentes aulas do instituto como na radio de Burela. Neste caso o xurado valorou o esforzo de información e concienciación, non só no propio centro educativo senón tamén á comunidade local.

Pola súa parte, estudantes de 4º de ESO do Colexio Peleteiro, que elaboraron diferentes materiais promocionais, recibiron o recoñecemento do xurado pola súa implicación no concurso e na difusión da reanimación cardiopulmonar.

Tamén o grupo de 6º Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal realizou un material web interactivo. O material está baseado en vídeos nos que o propio alumnado amosa como actuar diante dunha parada cardiorrespiratoria dun docente no patio do centro escolar. O premio recoñece o valor do material para concienciar ao alumnado máis novo sobre a importancia de saber actuar neste tipo de situacións.

Colexio Médicos A Coruña

Por outro lado, o secretario xeral técnico da consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila, participou na entrega dos premios do 1º Concurso escolar organizado polo Colexio Oficial de Médicos de A Coruña. O concurso contou co apoio da Xunta de Galicia.

Ademais o representante destacou que “O Goberno galego leva anos apostando pola formación de docentes e estudantes nesta materia, facilitándolles unhas nocións moi valiosas para salvar vidas nunha determinada situación de emerxencia”.

Más en Salud y Medicina Hoy