Segundo test gratis para a Infancia

test gratis segundo dosis niños
photo_camera Os test están disponibles desde o 7 de xaneiro

A Xunta de Galicia ofrece a partir do 7 de xaneiro un segundo test gratis para nenos e nenas de 5 a 11 anos.

Segundo test gratis. Así o ven de anunciar os conselleiros de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña e Román Rodríguez. Ademais o conselleiro de Sanidade anunciou que a Xunta de Galicia "segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa". Por este motivo o Executivo ofrece un segundo test gratuito que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa.

Desde a Xunta de Galicia din "non ten dúbida que os centros escolares son seguros, e así deben seguir, para o que é necesario avanzar na inmunización da comunidade escolar, xa que a volta ao colexio o día 10 será presencial".

Destacar que o conselleiro de Sanidade manifestou que "Galicia segue a ser lider no proceso de vacinación e, no que respecta á poboación pediátrica, o 38,45% dos rapaces entre 9 e 11 anos xa teñen unha dose da vacina, uns 56.700 rapaces".

García Comesaña, pola súa banda, considera "moi importante avanzar na vacinación infantil dado que a incidencia acumulada de menores de 11 anos supera os 2.200 casos por 100.000 habitantes". Comesaña tamén destacou o bo ritmo de vacinación no colectivo dos docentes e remarcou que urxe poñer a terceira dose no profesorado menor de 40 anos. Neste sentido pide ao Ministerio de Sanidade "que avance na estratexia de vacinación".

Más en Salud y Medicina Hoy