I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos

I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos-El Portal de la Infancia
photo_camera I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos-El Portal de la Infancia

Profesionais de prestixio internacional no eido da atención ás adicións xuntáronse en Santiago no primeiro encontro destas características en Galicia.

A Consellería de Sanidade acolleu a celebración da I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos, un encontro que reuniu a expertos de prestixio internacional no eido da atención ás adicións.

Inaugurada polo director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, a xornada contou con profesionais de diferentes ámbitos que aportaron distintas visións dun problema con múltiples caras. Así, tratáronse aspectos como determinantes genéticos, de xénero, sociais e psicolóxicos no debut dos trastornos desde un modelo biopsicosocial. Concretamente, abordáronse temas como a relación da xenética nas condutas aditivas, os modelos organizativos de atención ás drogodependencias ou a necesidade na rede asistencial do traballo inter e multidisciplinar.

Tamén se falou da epixenética das adicións e da importancia da perspectiva de xénero no seu tratamento. Ademais os asistentes tiveron oportunidade de coñecer a xestión deste tipo de trastornos nun contexto internacional, exemplificada nunha ponencia sobre a epidemia de sobredose de opiáceos en América e as estratexias para combatela.

Ponentes da Xornada

Entre os ponentes figuran profesionas de recoñecido prestixio a nivel internacional como Iván Darío Montoya Bravo, director da División de Terapéutica e Consecuencias Médicas (DTMC) do Instituto Nacional sobre o Abuso de Drogas (NIDA), en Estados Unidos; Ángel Carracedo Álvarez: Catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, da Universidade de Santiago de Compostela; ou Félix Carvalho, do departamento de Toxicoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Porto.

Este encontro marca o inicio dun itinerario formativo para os profesionais que se desenvolverá ao longo deste ano, centrado en retos asistenciais, boas prácticas e conñecemento de procedementos específicos. O itinerario permitirá ter un repositorio formativo accesible e actualizable tanto para os profesionales que actualmente traballan na rede como para aquellos con interés en la materia.

A xornada dirixiuse aos máis de 250 profesionais que traballan na rede de atención aos trastornos adictivos en Galicia. Unha rede que está integrada por máis de 23 centros asistenciais ambulatorios e catro comunidades terapéuticas, e que se apoia no traballo que levan a cabo organizacións sen ánimo de lucro, coa colaboración e cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde.

De feito, a Xunta de Galicia destina este ano 11.412.234 euros a convenios de colaboración con entidades sen ánimo de lucro e concellos para a asistencia sanitaria e social ás adicións. Esta cantidade supón un incremento do 4,6% respecto ao orzamento de 2021 que foi de 10.908.747 euros.

Dende a Consellería de Sanidade, quérese destacar a colaboración e apoio na celebración desta xornada da ACIS (Axencia de Coñecemento en Saúde), de Socidrogalcohol (Sociedade Científica Española de estudios sobre o alcohol, o alcoholismo e as outras toxicomanías), así como dos colexios profesionais das diferentes disciplinas, ademais de todos os integrantes do comité científico e organizador.

Más en Salud y Medicina Hoy