Mesa redonda sobre a saúde mental en Santiago

Cartel da mesa redonda celebrada o martes 29 de marzo en Santiago en referencia á saúde mental-El Portal de la Infancia
photo_camera Cartel da mesa redonda celebrada o martes 29 de marzo en Santiago en referencia á saúde mental-El Portal de la Infancia

En torno á saúde mental, durante estes meses, estanse organizando mesas redondas nos concellos de Galicia.

A intención, con elas, é facer participar a toda a sociedade dun diálogo aberto sobre como mellorar, entre todos e todas, os servizos e políticas públicas de saúde mental. A mesa redonda está organizada pola Fundación Salma.

Martes 29 de marzo, ás 19:15h, ten lugar unha mesa redonda en Santiago de Compostela,  no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC. Centrarase na saúde mental na infancia e na adolescencia, e participarán:

  • Ana María Jiménez Pascual, Psiquiatra. Presidenta da Asociación Castellano-Manchega de Neuropsiquiatría y Salud Mental (ACMNSM).
  • Rocío Gómez Juncal, Doutora en psicoloxía e profesora da Escola Universitaria de Traballo Social adscrita á USC.
  • Rocío Núñez Rúa Educadora social e Vicepresidenta do Colexio de
    Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG).
  • Melania Beceiro Rico, Psicóloga Clínica en Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil

Está toda a xente invitada a que se achegue como público se este tema é do seu interese, e aproveitar a ocasión para falar abertamente e en tono construtivo sobre a saúde mencionada.

A mesa rematará cun turno de conversa e de preguntas abertas ao público. A entrada é libre e gratuíta sen inscrición previa, ate completar o aforo. Para calquera dúbida pódese escribir a [email protected]

deb _sqc_29-01.jpg

Más en Salud y Medicina Hoy