A importancia de garantir a igualdade de oportunidades da Infancia

a conselleria participa no aniversario de meniños  igualdade
photo_camera A Coruña A conselleira de Política Social, Fabiola García, inaugura a xornada do XXV aniversario da Fundación Meniños. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O obxetivo é garantir a igualdade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a necesidade de garantir a igualdade de oportunidades dos nenos e nenas sen importar “onde ou en que familia nacesen” durante a súa intervención no acto de celebración do XXV aniversario de Meniños.

Lembrou a importancia de seguir poñendo en marcha iniciativas que permitan a protección da infancia e o desenvolvemento equilibrado dos menores de idade. Neste labor, apuntou, o sistema de protección de menores da Xunta e os servizos sociais contan cun aliado fundamental: as entidades sociais.

Gracias a entidades como Meniños, o Goberno galego pode ofrecerlle a todas as nenas e nenos en perigo de desprotección de Galicia unha atención individualizada e un seguimento profesional. Faino a través dos Puntos de Encontro Familiar (PEF), que permiten cumprir o réxime de visitas dos proxenitores dun xeito seguro; a través tamén do Programa de Integración Familiar (PIF), que media naqueles casos nos que sexa necesaria unha intervención integral; ou a través do acollemento e as adopcións, ofrecéndolle aos máis pequenos un segundo fogar no que vivir.

A conselleira subliñou tamén que para garantir a igualdade de oportunidades dos máis pequenos é preciso reforzar a educación infantil de 0 a 3 anos, unha etapa fundamental para adquirir competencias, diagnosticar necesidades e prever problemas futuros. Por iso, puxo en valor a relevancia de que Galicia se converta o vindeiro curso na primeira Comunidade en facer gratuítas o 100% das escolas infantís, sexan da titularidade que sexa, ampliando tamén aos primoxénitos a medida que o Goberno galego comezou a aplicar, tamén de xeito pioneiro, xa en 2020 para os segundos fillos e sucesivos.

Más en Investigación periodísitica