sábado, mayo 21, 2022
  • Login
Sin Prensa
Toda la prensa
El Portal de la Infancia
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES
Sin Prensa
Toda la prensa
El Portal de la Infancia
Sin Prensa
Toda la prensa

Xoan Rubia: «a canción social podería ser un arma cargada de futuro»

24 noviembre, 2021
in sociedad
canción social de Xoan Rubia

Xoan Rubia / Foto: Ovidio Aldegunde

A canción galega de corte social ten sen dúbidas un protagonista: Xoan Rubia.

Xoan Rubia é un mugardés comprometido coa sua época que regalounos temas que ainda na actualidade siguen a reivindicar dereitos.

Repasamos con Xoan o seu percorrido musical e descubrimos que moito do seu legado ten que ver coa xenta máis nova.

Pregunta: Noiturnio do adoescente morto, Berro e Cantiga do neno da tenda. Neno progre e O señorito… Qué reivindicaban e que siguen a reivindicar?…

Resposta: Pois en realidade non me decatara de que houbese tanto “neno” nas miñas cancións. Fun o primeiro que, dentro do contexto da chamada “Nova Canción Galega” , lle puxen música aos poemas galegos de Federico García Lorca  e si,  aí están os seus “nenos”, pero malia os poemas lorquianos tamén hai outras cancións miñas nas que figuran, como por exemplo “O neno da montaña” baseada nun belido e significativo  poema de Manuel Lueiro Rey.

Sempre defendía a idea de que unha canción é unha historia contada en tres minutos e para iso é necesario un importante exercicio de sínteses. Historias que teñen que ver coas túas inquietudes,  porque creo que a canción debe servir, malia entreter, como vehículo de transmisión de ideas e para reivindicar a liberdade de poder transmitilas.

Xoan Rubia, unha infancia en tempos difíciles

Pregunta: Por qué esta preocupación pola Infancia, o canto menos, por qué ten unha presencia tan forte nas súas cancións?

Resposta: Es a primeira xornalista  que me sitúa nesta tesitura. A verdade é que non andei na procura consciente de que nas miñas cancións estivese de xeito reiterativo a figura do “neno”. O noso devir pola vida é un compendio de casualidades,  e esta da presencia da infancia nas miñas cancións é unha delas.

Pregunta: Qué letra le poñería a súa infancia…

Resposta: A miña infancia transcorreu en tempos difíciles, tempos marcados pola forza da sen razón e disciplina cuarteleira. Malia iso, os meniños permanecíamos alleos a esa circunstancia mergullados nunha situación na que a conciencia aínda estaba aletargada. ¿Que letra lle poñería? Pois unha na que se amosase o desexo dun mundo mellor no que as cousas fosen  escravas do home e non viceversa. Pero iso un neno aínda non o entende.

Pregunta: Para qué a canción de corte social?

Resposta: Pois para intentar espertar conciencias, malia que iso poda soar a unha pretensión demasiado ambiciosa. A música en xeral e a canción en particular é moi poliédrica na súa aplicación, pode simplemente entreter formando parte esencial da troula, ou pode transmitir conceptos e ideas, e na medida en que estas ideas vaian ao centro da diana, a canción pode resultar máis ou menos incómoda para o sistema. A canción non deixa de ser un medio de expresión e algúns pensamos que, como a poesía, podería ser un arma cargada de futuro. Os nosos devanceiros xa protestaban diante de situacións sociais inxustas, e eu non fixen máis que recoller o testemuño.

Facemos un alto no camiño para falar de Catro Vellos mariñeiros, a versión folk-pop de Xoan Rubia é a máis coñecida da historia deste tema. Unha disculpa para falar da maternidade, das nais, da terra…

Pregunta: Qué lle sugire esta paradiña…

Resposta: Os meus netos Daniel e Sara de sete e cinco anos xa tatabexan o retrouso de “Catro Vellos Mariñeiros”. Algunha vez serviu de nana e lembran perfectamente os denodados intentos dos avós para que entrasen no solpor da adormecida que se resistía. O “ailalelo” dos Catro Vellos Mariñeiros foi un recurso.

Pois esa canción formou parte dun traballo que me encomendou a compañía “Philips”, un LP que se titulou “Cantares da miña terra” e no que mesturei  cancións de corte social con temas estritamente populares pertencentes ao acerbo cultural da nosa terra. Sariña, a miña neta, que éche moi cantareira, dálle ao retrouso de Catro Vellos Mariñeiros e dime: ¿avó, a que te soa isto?

Pregunta: Despedimos a Xoan Rubia e lle comprometemos como compositor. Qué ronda na cabeza dun músico, compositor e cantante de corte social nos tempos que corren….

Resposta: Pois hai unha cousa que está moi clara: que moitos problemas sociais neste país aínda están sen resolver, a pobreza infantil é unha rémora coa que conviña rematar xa, os dereitos das persoas en xeral e da infancia en particular son moitas veces conculcados. Os nenos son o ben máis prezado da sociedade, cousa que moitos dos que deciden sobre as nosas vidas e facendas aínda non entenderon. Quedan pois moitas cousas aínda  que denunciar.

Pregunta: Si tivera que elexir unha palabra para unha canción que reivindicara dereitos da nosa infancia, cal elexiría…

Resposta: A mera presencia dun meniño ou meniña esperta dúas palabras:  amor e tenrura. O outro día nun telexornal amosaban a imaxe en Afganistán da venda dunha meniña de nove anos e de como se resistía a abandonar  o seu fogar da man do seu novo “propietario”.  Dicían que esa venda viña propiciada pola necesidade de ter que dar de comer aos outro sete irmáns que quedaban na casa. ¿En que mundo vivimos?

Noticias Relacionadas

Proquides: una empresa familiar en crecimiento

Proquides: una empresa familiar en crecimiento

25 marzo, 2022

Lucía López, la actual gerente de Proquides, dejó su trabajo como profesora de inglés y francés para dedicarse por entero...

javi lópez es aparejador y fundador de Calcugal

Javi López: el niño que aunó cálculo y su pasión por las ventas y se convirtió en aparejador

25 marzo, 2022

El Principito tiene razón: "Todos los adultos alguna vez fueron niños pero solo unos pocos lo recuerdan". Yo conocí a...

infancias seguras

María Pombo: el derecho a crecer seguros

13 diciembre, 2021

Nuestros niños, niñas y adolescentes tienen derecho a crecer seguros. María Pombo es una de esas personas en la vida...

Siguiente Noticia ➡️
As escolas estrean un botón de alerta en caso de emerxencia

As escolas estrean un botón de alerta en caso de emerxencia

¡Tu opinión cuenta! Cancelar respuesta

  • Voluntariado Gallego | La Guía de ONGs de Galicia
    La Guía de ONGs de Galicia | Voluntariado Galego
  • Legumbres y callos Arteixo
    Legumbres y callos Arteixo
  • Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
    Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN

El Portal de La Infancia

  • en portada
  • entrevistas
  • infancia
  • Jóvenes para Jóvenes
  • leyes y normas
  • política
  • salud
  • sistema de proteccion
  • sociedad
PEstudio- Periodismo Social
Intercoruña El Portal de la Infancia
Plataforma Organizacións Infancia de Galicia
Asociación sociocultural En Página Impar
El Diario de Arteixo
  • Twitter
  • Facebook
  • YouTube
  • Instagram
  • LinkedIn
 

Contactar con Redacción

Contratar Publicidad

Sobre PEstudio-Periodismo Social

Sin Prensa
Toda la prensa
  • EN PORTADA
  • INFANCIA
  • SALUD
  • ENTREVISTAS
  • POLÍTICA
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • SOCIEDAD
  • Sobre Nosotros
    • Edita PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Profesionales de referencia
    • Contratar Publicidad
  • JÓVENES PARA JÓVENES

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.