O Festival "Diversidarte" chega a Carballo

festival diversidarte en carballo
photo_camera Cartel do Festival das artes inclusivas "Diversidarte".

O festival das artes inclusivas "Diversidarte" chega ao Pazo da Cultura de Carballo.

O festival das artes inclusivas "Diversidarte", unha iniciativa da Asociación Poten100mos que dende o ano 2016 leva apoiado a máis de 400 artistas en diferentes situacións de vulnerabilidade, chega ao Pazo da Cultura coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo.

Así, o domingo 26 de marzo gozaremos no auditorio das actuacións de Ensemble SuperArte e Coro Infantil do proxecto inclusivo do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. A actuación está aberta a todo o público ata completar capacidade.

A Asociación Poten100mos é unha organización sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento personal e a inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade, desenvolvendo actividades dirixidas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz.

Más en El Portal de la Infancia