Presentación do libro "La luna de Addis Abeba"

Presentación do libro "La luna de Addis Abeba"-El Portal de la Infancia
photo_camera Presentación do libro "La luna de Addis Abeba"-El Portal de la Infancia

Manaia retoma as actividades presenciáis e presentan, dentro do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras", o libro "La luna de Addis Abeba". Terá lugar en Pontevedra, na Casazul o sábado 28 de maio.

O autor

Alberto Pardo de Vera é natural de Lugo e residente en Collado Mediano (Madrid); conta con varias publicacións e participacións literarias como autor ou coautor, grazas á súa profesión como educador, moi vinculado aos temas ambientais. 

Con esta narración Alberto Pardo de Beira diríxese a familias adoptantes e tamén biolóxicas, educadores e lectores en xeral, interesados en descubrir máis sobre todo o que engloba un proceso de adopción e de camiño cara á adolescencia e a madurez. Un dos valores engadidos deste relato é o de estar inspirado nunha historia real, tratada co máximo rigor. 

Charla coloquio

De 11:30 a 14:00 realizarase una Charla/Coloquio na Sala Valdecorvos da Casazul sobre o libro "La luna de Addis Abeba", o libro trata sobre Asha, que é unha nena adoptada aos catro anos en Etiopía que, tras un período de adaptación e grandes éxitos académicos e deportivos, cae nunha profunda depresión na adolescencia, manifestando con toda a súa crueza o coñecido como síndrome de apego. A partir dese momento, ábrese para ela e os seus pais adoptivos unha longa viaxe no que se mesturan os afectos e os rexeitamentos, a loita constante, os soños e a realidade disociada, como un quebracabezas desordenado que se reflicte tamén con toda a súa carga e sinceridade nos escritos da protagonista. As fases da lúa son o fío condutor desta historia. Baseado nunha historia real.

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, farase un Xantar/Picnic de 14:00 a 16:30 na Casazul onde se compartirá os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

?????????: ? ???????́? ?? ??????́?, ????? ????? ?? ????????

Contando coa moderación por parte de Alberto, de 16:30 a 19:30, na Sala Valdecorvos da Casazul, plantéxase un espazo onde tres familias de MANAIA, que adoptaron en Etiopía, falen da súa experiencia. Nel poderase reflexionar e realizar unha aprendizaxe grupal entre tódalas persoas asistentes.

Ludoteca

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 farase un servizo de ludoteca de balde, pídese o envío dun correo a [email protected] confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado. Actividade de balde aberta a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.